Orixinal cea para rematar un duro día. Toda unha sorpresa cando as nenas lle levantaron o sombreiro.
INGREDIENTES DA MASA DE PAN:
- 350 gr. de auga
- sal
- unhas gotas de aceite
- 40 gr. de levadura
- 600 gr. de fariña de forza (empreguei 200 de integral e 400 de forza)
ELABORACIÓN:
- Quentar a auga co sal e o aceite 2 minutos, 37º e velocidade 2.
- Mesturarlle a levadura uns segundos a velocidade 4.
- Engadir a fariña e mesturar 15 segundos, velocidade 6 e logo 3 minutos velocidade espiga.
- Dividir a masa en catro pedazos, darlle forma de bolos e deixar levedar uns 30 minutos. Levar ao forno a 180º uns 25 minutos.
- Baleirar o miolo do pan e encher con patacas fritas con pementos, cubrir cun ovo frito e poñerlle o sombreiro. O miolo do pan non o tirei, mañán contareivos o seu destino
E por último, animádevos a facelo porque é unha sorpresa.
2 comentarios:
nai mia!!!! a delegacion galega al poder
Esto se nos va de las manos ..... y al carallo¡¡¡¡ Dieta de engorde¡¡¡¡ pufff
Publicar un comentario