sábado, 22 de septiembre de 2012

Puding de pan cremoso


Ola chicas, pois aquí está a miga de pan que saquei dos "bolos sorpresa". Resultou moi sabroso¡¡¡.

INGREDIENTES:

  • Caramelo líquido para o molde.
  • A pel de medio limón (só a parte amarela)
  • 100 gr. de azúcre
  • 300 gr. de leite
  • 250 gr. de miga de pan
  • 4 ovos
  • 100 gr. de nata líquida
  • 1 culleriña de azúcre de vainilla
ELABORACIÓN:
  1. Cubrir o fondo e as paredes do molde co caramelo líquido.
  2. Poñer no vaso a pel do limón e o azúcre, pulverizar 30 segundos, velocidade progresiva 5-10. Baixar os restos das paredes do vaso e da tapa.
  3. Engadir o leite e programar 2 minutos, 90º, velocidade 2.
  4. Engadir o pan en pedazos e programar 30 segundos, velocidade 3. Reservar noutro recipiente.
  5. Poñer os ovos no vaso e programar 15 segundos, velocidade 3.
  6. Engadir a nata e mailo azúcre de vainilla, mesturar 10 segundos velocidade 3.
  7. Mesturar o pan e o leite que reserváramos, 15 segundos, velocidade 3.
  8. Verter no molde caramelizado e pechalo ben, coa tapa ou con papel de aluminio. Poñer un pano limpo encima do molde e colocalo no Varoma.
  9. Verter 1 litro de auga no vaso e programar 50 minutos, Varoma, velocidade 2. Despois deste tempo comprobar que está o puding feito pinchandoo cunha agulla. Se non sae limpa, programar uns 5 minutos máis. Deixar enfriar e desmoldar. 
  10. Disfrutar dun postre ben rico. Eu non era moi afeccionada ao puding, pero este gustoume.

3 comentarios:

Ana dijo...

Que rico, tengo pan en casa que puede que sirva.......

Belén dijo...

GLORIA, tiene un aspecto estupendo. Me gustaria que me dijeses si resulta muy dulce....bicos

gloria dijo...

Pois non é nada empalagoso, ten un rico saborcillo a limón.