Ola chicas, pois aquí está a miga de pan que saquei dos "bolos sorpresa". Resultou moi sabroso¡¡¡.
INGREDIENTES:
- Caramelo líquido para o molde.
- A pel de medio limón (só a parte amarela)
- 100 gr. de azúcre
- 300 gr. de leite
- 250 gr. de miga de pan
- 4 ovos
- 100 gr. de nata líquida
- 1 culleriña de azúcre de vainilla
ELABORACIÓN:
- Cubrir o fondo e as paredes do molde co caramelo líquido.
- Poñer no vaso a pel do limón e o azúcre, pulverizar 30 segundos, velocidade progresiva 5-10. Baixar os restos das paredes do vaso e da tapa.
- Engadir o leite e programar 2 minutos, 90º, velocidade 2.
- Engadir o pan en pedazos e programar 30 segundos, velocidade 3. Reservar noutro recipiente.
- Poñer os ovos no vaso e programar 15 segundos, velocidade 3.
- Engadir a nata e mailo azúcre de vainilla, mesturar 10 segundos velocidade 3.
- Mesturar o pan e o leite que reserváramos, 15 segundos, velocidade 3.
- Verter no molde caramelizado e pechalo ben, coa tapa ou con papel de aluminio. Poñer un pano limpo encima do molde e colocalo no Varoma.
- Verter 1 litro de auga no vaso e programar 50 minutos, Varoma, velocidade 2. Despois deste tempo comprobar que está o puding feito pinchandoo cunha agulla. Se non sae limpa, programar uns 5 minutos máis. Deixar enfriar e desmoldar.
- Disfrutar dun postre ben rico. Eu non era moi afeccionada ao puding, pero este gustoume.
3 comentarios:
Que rico, tengo pan en casa que puede que sirva.......
GLORIA, tiene un aspecto estupendo. Me gustaria que me dijeses si resulta muy dulce....bicos
Pois non é nada empalagoso, ten un rico saborcillo a limón.
Publicar un comentario